Predición xeral para Galicia
luns, 06 de setembro de 2010
mañá
Tarde
Estado do Ceo
Ceos moi anubrados ou cubertos, con chuvias persistentes e puntualmente moderadas, principalmente en puntos da metade oeste, que se estenderán a toda a Comunidade co transcurso da tarde.
Temperatura
Temperatura mínima sen cambios ou en lixeiro descenso e máximas en descenso moderado en conxunto, con descensos notables puntuais.
Vento
Vento do sur ou sudoeste durante a mañá, moderado en xeral, con refachos fortes no litoral da Coruña, e do oeste a partir da tarde, máis feble canto máis avanzada estea.
Comentario
O luns quedaremos baixo a influencia dunha borrasca cunha fronte fría activa asociada, polo que o tempo cambiará de xeito radical. Os ceos cubriranse e as chuvias caerán de xeito persistente e puntualmente moderado, fundamentalmente en puntos da metade oeste, estendéndose a partir da tarde a toda a Comunidade. As temperaturas nocturnas non variarán ou descenderán lixeiramente, mentres que as diúrnas descenderán de xeito moderado ou notable. Os ventos tamén serán salientables; soprarán do sur ou sudoeste durante a mañá, moderados en xeral, con refachos fortes no litoral da Coruña, e rolarán a oeste e amainarán segundo avance a tarde.
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas - Xunta de Galicia
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña 19-08-2010
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña 19-08-2010
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Fax: +34-981-957466
Mapa web
Envío de Suxestións
Esta web está optimizada para Internet Explorer 8 e Firefox 3