Estimado usuario e amigo,
Como xa coñece, MeteoGalicia como Axencia Meteorolóxica en Galicia, provee aos cidadáns e organizacións, dunha serie de servizos relacionados tanto coa observación como coa predición meteorolóxica e outros relacionados co estudo do clima do país.
A vocación de servizo público, xerando confianza e, en consecuencia, a mellora continua da calidade do servizo e a adecuación aos intereses e necesidades dos usuarios, é un dos elementos vertebrales da política de xestión de MeteoGalicia.
Actualmente, MeteoGalicia está a deseñar e implantar un ambicioso programa de aseguramento da calidade. Tal proceso abrangue todo o ciclo dende a captación ata a elaboración posterior dos datos que chegan aos seus usuarios e clientes. Estas labores completan os traballos de control de calidade que xa estaban en marcha anteriormente. Tal sistema de xestión está baseado nos principios da norma internacional UNE EN ISO 9001:2000.
Como queira que un dos obxectivos de tal sistema é a plena satisfacción dos nosos usuarios e a anticipación ás súas necesidades e intereses, pregámoslle que cubra o cuestionario. Pode incluír todas as suas suxestións, intereses, necesidades e inquedanzas de xeito que logremos deseñar un servizo cada vez mellor e mais próximo aos cidadáns de tal xeito que este servizo se poida realmente e en toda a súa dimensión, considerar servizo público.
De antemán gracias pola súa cooperación.
Vicente Pérez Muñuzuri
Director de MeteoGalicia
Formulario de Suxestións para a Mellora Contínua
Xestión da Calidade
O servizo de Observación meteorolóxica de METEOGALICIA da Subdirección Xeral de Investigación, Cambio Climático e Información Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, está en fase de implantación dun Sistema de Xestión da Calidade segundo os requerimentos da Norma UNE-EN-ISO 9001:2008, co obxecto de obter o recoñecemento por medio da certificación que acredite o noso afán de cumprir coas expectativas dos nosos usuarios, prestando un servizo de calidade.
Dentro das xestións que estamos levando a cabo, facilitámoslle un Cuestionario que nos permitirá coñecer a opinión que lles merecemos co fin de analizala de forma colectiva e promover a mellora continuada do noso sistema de xestión da calidade.
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña 19-08-2010
Fax: +34-981-957466
Mapa web
Envío de Suxestións
Esta web está optimizada para Internet Explorer 8 e Firefox 3