Formación meteorolóxica
Actividades de formación
Relación de actividades que se realizan nas visitas de alumnos de colexios e institutos de ensinanza secundaria a MeteoGalicia e á estación meteorolóxica EOAS
A selección das actividades realízase en función da idade do alumnado e son as que se descreben a continuación:
- Construccións de muíños de papel para que os rapaces entendan as distintas velocidades do vento.
- Construcción dun catavento para medir a dirección do vento.
- Debuxar a temperatura media, máxima e mínima nun termómetro de papel.
- Elaboración de mapas meteorolóxicos de predición do tempo, basánsose en situacións típicas do tempo en Galicia.
- Conferencias sobre meteoroloxía e climatoloxía, e cómo se predice o tempo atmosférico nas cales a participación do alumnado é moi activa.
- Visita a unha estación meteorolóxica, onde se explica a utilidades de cada un dos instrumentos que posúe a estación, e ofrécelles aos rapaces instrumentos que poidan manipular eles mesmos.
- Exposición sobre meteoroloxía "Expometeoro".
En cada unha das actividades resólvense tódalas dúbidas que teñan os rapaces e mesmo os profesores que os acompañan.
Solicitude de actividades de formación
Solicitude da exposición sobre meteoroloxía Expometeoro
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas - Xunta de Galicia
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña 19-08-2010
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña 19-08-2010
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Fax: +34-981-957466
Mapa web
Envío de Suxestións
Esta web está optimizada para Internet Explorer 8 e Firefox 3