Probabilidade
A interpretación dun conxunto representa un gran problema. Frecuentemente temos ducias de saídas de modelos e é necesario ter en conta a información que aporta cada un deles. Así que é importante utilizar métodos que resuman a información de forma compacta. Os dous métodos máis habituais son a media e a dispersión asociada e os diagramas de probabilidade.
En certas ocasións a media
non é axeitada para estudar o resultado dun conxunto e
nestes casos recórrese á probabilidade. Variables coma
o vento ou a precipitación son habitualmente representadas
con este método. A probabilidade establécese a partir
do número de membros que predín un fenómeno
dividido polo número total de membros. O gráfico
é un exemplo da saída dos diferentes membros do
conxunto. Neste caso a media indicaría unha chuvia feble
e o valor da dispersión unha incerteza bastante grande
na predición que fai a media. Sen embargo se estudiamos
a probabilidade vemos que un 70% dos membros establece que non
choverá fronte a o 30% que afirma que si. Este resultado
indica dunha forma clara que as posibilidades de que chova son
escasas comparadas coas de que non chova pese a que a media indicaría
un valor significativo de precipitación.

No gráfico móstranse as predicións
dos membros do conxunto da cantidade de precipitación para un
punto de malla. No exemplo obsérvase como a media pode
ocultar información sobre a información do conxunto. Neste caso
a media predí unha cantidade representativa de precipitación
mentres que a meirande parte dos membros estiman que non vai chover.
MeteoGalicia - CINAM - Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible - Xunta de Galicia
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Teléfono: +34-981-957464
Fax: +34-981-957466
Fax: +34-981-957466