Media e Dispersión
A interpretación dun conxunto
representa un gran problema. Frecuentemente temos ducias de saídas
de modelos e é necesario ter en conta a información que aporta
cada un deles. Así que é importante empregar métodos que resuman
a información de forma compacta. Os dous métodos máis habituais
son a media e a dispersión asociada e os diagramas de probabilidade.
Definimos a media e a dispersión respectivamente a través das seguintes fórmulas:

A media emprégase como o valor
da predición do conxunto para certas variabéis como a presión,
a temperatura ou a humidade. A dispersión asociada a cada media
permite ter unha idea da separación entre os membros cos que se
calculou a media. Un valor da dispersión pequeno indica que a
maioría dos membros teñen valores moi próximos entre si mentres
que un valor alto indica unha gran separación entre eles. Esta
é a descrición matemática pero é posible asignarlle á dispersión
un senso relacionado coa efectividade da predición.

Nestas dúas imaxes móstranse dúas hipotéticas saídas cunha media igual pero cunha dispersión diferente.
Nun conxunto debidamente calibrado
os membros do mesmo representan a meirande parte da incerteza
que existe nas simulación. Se unha gran parte dos mesmos teñen
un resultado parecido quere dicir que practicamente non existe
incerteza na simulación e polo tanto a media de todos eles representa
unha predicción acertada da evolución da atmosfera. Cando tódolos
membros teñen resultados parecidos aparece reflectido por un valor
pequeno da dispersión. Deste xeito un valor pequeno da dispersión
pódese entender como un baixo grao de incerteza na predición que
fai a media. Sen embargo cando os membros teñen valores moi distintos
o valor da dispersión asociado á media será moi alto. Neste caso
os membros mostrarían que o valor da media presenta unha grande
incerteza.
Esta interpretación da dispersión
pódese asociar co erro da predición pero tendo coidado coa súa
interpretación. Cando a dispersión é baixa implica que a incerteza
é pequena e polo tanto o erro tamén. Sen embargo cando a dispersión
é elevada implica que a incerteza da predición tamén o será e,
polo tanto, a media podería representar ou non unha boa predicción.
Así que, nos casos en que a dispersión teña un valor elevado,
non se pode facer ningunha asociación co erro da predicción feita
pola media.
MeteoGalicia - CINAM - Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible - Xunta de Galicia
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Teléfono: +34-981-957464
Fax: +34-981-957466
Fax: +34-981-957466