MeteoGalicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible MeteoGalicia
O Conxunto de MeteoGalicia
Actualmente MeteoGalicia dispón dun sistema de predición por conxuntos que se executa diariamente para suministrar información ós nosos predictores sobre a incerteza do estado da atmosfera nos vindeiros 8 días. O conxunto emprega o modelo MM5 como base optando entre as diferentes parametrizacións físicas dispoñíbeis escollendo un total de 12 configuracións que establecen os distintos membros. A malla de cálculo ten 30 Km e como condicións iniciais e de contorno utilízase o modelo global GFS.