Xeneralidades: Estacións meteorolóxicas
Unha estación
meteorolóxica é o lugar no que se realizan observacións
do comportamento da atmósfera e do medio ambiente. A recopilación
de datos emitidos polo instrumental meteorolóxico e a súa posterior
análise e estudo permitirán a caracterización
espacial e temporal dos fenómenos atmosféricos, así
coma a realización dun diagnóstico da situación
atmosférica nun momento dado.
Nas estacións meteorolóxicas automáticas as distintas
observacións meteorolóxicas son rexistradas de xeito automótico e continuo.
A
Organización Meteorolóxica Mundial (OMM) clasifica as
Estacións Meteorolóxicas en:
- Sinópticas: dedicadas ó estudio das variables meteorolóxicas co obxecto de prever o tempo a corto prazo.
- Climatolóxicas: onde se observa o estado do tempo acumulando datos con fines estatísticos e permitindo clasifica-lo clima dun lugar.
- Agrícolas: onde se observa tanto o estado do tempo coma fenómenos de carácter biolóxico en íntima relación coa agricultura do lugar.
- Aeronáuticas: Teñen como obxecto facilita-la circulación aérea.
- Especiais: Creadas con carácter temporal para o estudo específico de determinadas variables.
Ademáis,
todas elas pódense subclasificar en principais, ordinarias
e auxiliares en función da cantidade de variables
atmosféricas que cuantifiquen.
Exemplo
de estación meteorolóxica automática:
Á
hora de prantexarse o establecemento dunha estación meteorolóxica
hai que considerar qué é o que se pretende medir; qué variables
meteorolóxicas son importantes para o estudo que se vai realizar;
consecuentemente, qué tipo de estación meteorolóxica
se vai construir e o número e tipo de instrumentos
de medida cos que se vai dotar á estación.
MeteoGalicia - CINAM - Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible - Xunta de Galicia
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Teléfono: +34-981-957464
Fax: +34-981-957466
Fax: +34-981-957466