Ubicación
das estacións meteorolóxicas
A elección
do emplazamento dunha estación meteorolóxica vese forzada por unha serie
de condicionantes que abarcan disciplinas moi diferenciadas; éste feito
esixe a caracterización do terreo escollido mediante informacións
de tipo:
- Xeográfica: xustificada por dous motivos; en primeiro lugar, o feito de ofrecer información detallada sobre a ubicación da estación permite evaluar nela con precisión os datos adquiridos; e, por outra banda, permite unha fácil localización do emplazamento para futuras revisións e posta a punto da mesma.
- Orográfica:
as características orográficas do emplazamento escollido poden forza-la
aparición de fenómenos meteorolóxicos locais que non sexan, sen embargo,
representativos das características globais da rexión de estudio; así,
débese evita-la instalación de Estacións en lugares próximos
a:
- Relevos Topográficos: Montañas, vales, etc. (As precipitacións, a temperatura mínima, así coma o campo de ventos vense profundamente afectados pola topografía; no caso específico de montaña, o seu efecto prolóngase ata 50 veces a súa altura).
- Mar: Afecta á temperatura, réxime de ventos e humidade relativa; bastaría un distanciamento en torno a 3 Km para evita-los cambios máis bruscos aínda que éstes continuan de forma máis gradual en torno ós 10 ou ós 15 Km.
- Ríos: Bastaría con distancia-la estación en torno a 100 metros.
- Lagos: Cunha separación duns 800 a 2000 metros, dependendo do tamaño do mesmo, evitaríanse fenómenos locais inducidos pola súa presencia.
- Climática: resulta de interese ter un coñecemento, aínda que sexa aproximado, das características climáticas da rexión en base á extrapolación das observacións de estacións meteorolóxicas próximas xa que pode ocorrer que a zona escollida se vexa afectada por fenómenos atmosféricos destructivos con determinada frecuencia, coma sería o caso de rexións onde son habituais tormentas con abundante aparato eléctrico ou rexións próximas a ríos onde se produzan crecidas periódicas do caudal que cheguen a afecta-lo emplazamento, etc.
- De seguridade e accesibilidade á Parcela: é preciso analiza-las características da Parcela na que se vai a construi-la estación para rentabilizar ó máximo a inversión: se se trata dunha zona poboada ou despoboada, con peche ou sen el, protección contra animais, vixiancia ou non, etc...; por outra banda, a accesibilidade da parcela permite indicar qué tipo de vehículo, no caso de ser necesario o mesmo, se pode emplegar para acceder ós emplazamentos
- De cobertura de comunicación e disponibilidade de enerxía eléctrica: esta información permitirá analizar cales son os posibles medios de comunicación que se poden empregar para acceder de forma remota á estación. Da mesma forma, a información sobre a disponibilidade de corrente eléctrica permitirá evalua-las diferentes posibilidades para proporciona-la enerxía necesaria para o funcionamento dos equipos e estima-la necesidade de instalación de placas solares.
- Obstáculos do contorno: a presencia de obstáculos poden provocar errores sobre todo na medición da velocidade, dirección de vento e precipitación recollida.
- Outras informacións: é importante fotografia-lo emplazamento escollido, de forma que se poida apreciar de forma visual o emplazamento e incluso axudar á súa localización. Tamén resulta relevante determinar quén posue a propiedad dos terreos, o que facilitaría a búsqueda de responsables para solicita-las autorizacións necesarias para a instalación de novo instrumental ou a modificación do xa existente.
Exemplo
parcial da localización do instrumental nunha estación
meteorolóxica :

Ubicación
do instrumental dunha estación meteorolóxica:
As
estacións constrúense redondas ou rectangulares e cun tamaño
aproximado de 80 metros cadrados; posúen un vallado
que as recobre e pecha, evitando, entre outras cousas, a entrada de animais
soltos ó recinto. O seu chan debe ser de céspede.
Para
que os termómetros dean unha lectura representativa das temperaturas do
aire deben estar protexidos da radiación tanto solar coma terrestre, así
como da de tódolos corpos que os rodean, pero ó mesmo tempo
deben estar convenientemente ventilados para que indiquen a temperatura
do aire libre que circula nas proximidades. O método xeral de protección
é a súa ubicación nunha caseta ou garita meteorolóxica;
ésta debe construirse preferiblemente de madeira, con persianas para a
súa ventilación e pintada de branco para evita-la absorción de
excesiva radiación; a porta de acceso ó interior da caseta
debe orientarse de forma que non coincida co lugar da posta do sol ou
do amencer, nin co arco solar en xeral; é dicir, cara o Norte/Sur
no Hemisferio Norte/Sur. Ademáis, a caseta debe situarse a unha altura
aproximada de 1.5 metros por enriba do chan sobre 4 soportes ou pes que
sexan resistentes para evita-los embistes do vento. Por debaixo da caseta
debe crece-la herba ou céspede; ésta non debe situarse nin preto do pluviómetro,
nin preto do evaporímetro.
Na
colocación do heliógrafo hai que verificar que nada fai
sombra sobre a súa esfera, aínda que a colocación
concreta da mesma é moi complexa: ésta precisa adaptarse á
latitude específica da rexión de observación, así coma ó período
estacional.
MeteoGalicia - CINAM - Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible - Xunta de Galicia
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Teléfono: +34-981-957464
Fax: +34-981-957466
Fax: +34-981-957466