As xeadas
Prodúcense
pola condensación do vapor de auga nunha superficie, preferentemente
sobre as plantas, xa que estas transpiran e aportan vapor de auga ó
aire sobre a súa cuberta.
A
situación máis favorable para a formación de xeadas
son as noites despexadas; nelas, o enfriamento nocturno é maior
ademais de estaren acompañadas dun elevado grao de humidade.
Tipos
de xeadas:
- Xeadas de radiación
- Xeadas de advección
- Xeadas de evaporación
Xeadas
de radiación:
Son as
que se producen en noites despexadas con alta radiación do solo á atmosfera
por non haber nubes e pouca cantidade de vapor de auga. Preséntanse
tamén en noites en calma. Frecuentemente están acompañadas de inversión
térmica. En latitudes medias, prodúcense ó remate da primavera e principios
do outono.
Os factores
que determinan a intensidade deste tipo de xeadas son os seguintes:
- A nubosidade: Os ceos despexados aumentarán o risco de xeadas.
- O vento: A irradiación terrestre supón un gran enfriamento na capa de aire en contacto co solo (de 5 a 15 m). Por riba desa altura o aire está máis quente e fórmase como unha tapadeira que impide que o aire máis cálido se mesture co frío. Se hai un vento moderado a mezcla entre ambas capas aumenta e o risco de xeada merma.
- O grao de humidade: Se a humidade relativa é alta, a radiación nocturna conduce a néboas, pero non a xeadas. Ademáis a néboa constitue unha protección contra a radiación excesiva.
- A topografía do terreno: Pola noite, as montañas enfríanse antes cos vales. O aire que está en contacto con vales enfríase e baixa polar ladeiras para acumularse nas zonas baixas.
- O tipo de solo: os solos con pedras e soltos enfríanse rápidamente porque conducen mellor a calor. A presencia de vexetación aumenta a radiación.
Dependendo
do punto de rocío as xeadas poden dividirse en:
- Xeadas brancas: O punto de rocío é superior ós 0 ºC, de xeito que se a temperatura baixa formarase escarcha.
- Xeadas negras: O punto de rocío é inferior ós 0 ºC, de forma que se a temperatura baixa, non se formará escarcha, o xeo non será visible pero as plantas resultarán estragadas.
|
Nas costas
tropicais é onde se produce a meirande cantidade de xeada, por
seren zonas costeiras cunha elevada temperatura e humidade; chegáronse
a recoller cantidades superiores ós 4 l/m2, polo que en paises
como Chile, a xiada serve coma fonte de auga potable.
|
![]() |
Xeadas
de advección
Prodúcense
por invasión de aire frío, con temperatura inferior ó punto de conxelación.
Poden ocorrer a calquera hora do día e os métodos de loita contra este
tipo de xeadas son, en xeral, ineficaces.
Xeadas
de evaporación
Preséntanse
ó evaporarse a auga sobre as plantas, robando ó aire o calor latente de
evaporación e ocasionando o enfriamento deste. Despois do paso duna fronte
fría a humidade relativa disminúe considerablemente, de xeito que a humidade
que recubre os vexetais evapórase de forma rápida.
Carácter
da Xeada
Cando
a temperatura baixa dos 0º, en Galicia se poden considera-los seguintes
casos:
- Xeada Feble: Cando a temperatura se atopa entre -3º e 0º.
- Xeada Moderada: Coa temperatura comprendida entre -8º e -3º.
- Xeada Forte: Cando se acadan temperaturas menores ós -8º.
MeteoGalicia - CINAM - Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible - Xunta de Galicia
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Teléfono: +34-981-957464
Fax: +34-981-957466
Fax: +34-981-957466
