MeteoGalicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible MeteoGalicia
Os volcáns
O principal efecto dunha erupción volcánica é a reducción das temperaturas. As partículas emitidas na erupción, po e gases, poden permanecer na atmósfera dous ou máis anos reducindo as temperaturas ó evitar parcialmente a entrada dos raios solares. Investigacións recentes demostraron que as gotiñas de ácido sulfúrico producidas coma resultado da explosión teñen o efecto de bloquea-lo sol moito máis que o po ou as propias cinzas.

Coma exemplo, no 1815, a erupción do Tambora reduxo a temperatura do mundo alrededor de 0.7 º C. O volcán expulsou en torno a 40000 millóns de toneladas de material.



debuxo
volcanmarino
Mapas baseados en imáxes de satélite que mostran o rápido alongamento da pluma do volcán Chinchón, que entrou en erupción en México o 3 de abril de 1982; a figura superior correspóndese co 5 de abril; a intermedia co 15 de abril, recollendo a chegada da pluma a Asia; e a inferior é do 25 de abril, e mostra como a pluma xa deu a volta ó mundo.
Imaxe dun volcán marino.