O vento
Igual
ca presión, o vento é un importante elemento controlador
do tempo e a climatoloxía.
O
vento non é máis que o movemento do aire respecto da superficie
terrestre que se atopa en rotación uniforme ó redor do eixo
da Terra; actua coma axente transportador do aire, vapor de auga ademáis
de efectua-los intercambios de calor; este aire en movemento é
xerado coma consecuencia das variacións da presión atmosférica
de xeito que o vento superficial sopla formando un ángulo coas
isobaras, saíndo dos anticiclóns e entrando nas borrascas.
Existen
diversas formas de clasificación do vento: en relación á
súa intensidade (escala Beaufort), da súa rexión
de orixe (ártico, polar, tropical, ...) ou en referencia á
súa dirección de avance (o vento noméase sempre dacordo
coa dirección da que procede, de xeito cun vento do oeste implica
vento que vén do oeste e que se dirixe cara o leste) ou en función
da súa magnitude (o extensión xeográfica á
que afectan); en termos de magnitude, existen tres clases de ventos: circulacións
primarias (tamén chamadas planetarias ou globais), circulacións
secundarias (que incluen grandes rexións xeográficas
como os monzóns asiáticos ou os ventos asociados ás
frontes) e, por último, as circulacións terciarias
(nas que se engloban as circulacións locais do vento ou os ventos
rexionais de pequena escala como os foehn dos Alpes Europeos).

Curiosidades:
- Escala Beaufort: Esta escala foi orixinalmente proposta por Francis Beaufort (posteriormente Almirante Sir Francis, Hidrógrafo da Royal Navy), que vivíu entre 1774 e 1857.
- Na mitoloxía grega, Eolo era o deus dos ventos; tíñaos encerrados nun zurrón e sacábaos cando lle parecía oportuno; os catro máis importantes correspondíanse coas catro direccións principais da rosa dos ventos: "Boreas" o vento do Norte; "Austro" o "Noto", que viña do Sur; "Céfiro" que soplaba de poñente e "Afeliote" ou vento do Leste.
MeteoGalicia - CINAM - Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible - Xunta de Galicia
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Teléfono: +34-981-957464
Fax: +34-981-957466
Fax: +34-981-957466