Vaguadas
Unha
vaguada ou surco consiste nunha configuración isobárica
constituída por isobaras non pechadas en forma de V máis
ou menos invertida; a presión máis baixa correspóndese
coa isobara máis interior; estas rexións atmosféricas
nas que a presión é menor ca do entorno no seu mesmo nivel
soese asociar a estados de mal tempo.
As
vaguadas sempre presentan circulación ciclónica, por tanto,
senso de circulación do vento antihorario no hemisferio norte,
e horario no sur.

Ó
tratarse de masas de aire frías, as configuracións topográficas
de vaguada (coma a indicada na ilustración mediante a grosa liña
negra) son campos de baixa presión que veñen representados
nas topografías absolutas coa letra B (ou L, en inglés)
e nos mapas de espesor coa letra F (frío ou C, cold en inglés).
MeteoGalicia - CINAM - Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible - Xunta de Galicia
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Teléfono: +34-981-957464
Fax: +34-981-957466
Fax: +34-981-957466