MeteoGalicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible MeteoGalicia
Tópicos sobre a radiación UV:
Verdadeiro ou falso
Resposta
Aclaración
Deberíase evitar tóma-lo sol entre as 12 e as 17 horas
si
Debido a que estas son as horas ás que o sol está máis elevado e por tanto, a radiación UV é máis alta.
O sol en inverno e primavera non é perigoso.
no
A intensidade da UV tamén depende da latitude, altitude e a reflexión do terreo.
A reflexión da radiación UV pola area e a auga é importante.
si
A radiación directa é tan importante coma a reflectida polo terreo.
É necesario poñerse ó sol, xa que a radiación UV xera vitamina D.
no
Só é necesario moi pouco tempo de exposición ó sol, para xera-la vitamina D necesaria.
Canto máis elevado esteas sobre o nivel do mar, máis se queimará a túa pel.
si
A maior altitude sobre o nivel do mar, máis pequena é a atenuación da radiación UV pola atmosfera.
Non te podes queimar mentres esteas na auga.
no
Aínda que a auga atenúa a radiación UV tamén a reflexa, e non se nota o quecemento da pel.
Canto máis pequena é a túa sombra, máis perigosa é a exposición ó sol.
si
A túa sombra é máis pequena no mediodía solar, xusto cando a radiación UV é máis intensa.
Non te podes queimar nun día anubrado.
no
Aínda que as nubes atenúan o paso da radiación UV, esta pode ser suficientemente intensa coma para chegar a queimarte.
Estar exposto moito tempo o sol é perigoso indepen-dentemente da túa idade.
si
A pel humana é sensible a radiación UV a través de tódo o seu ciclo de vida.
Se a exposición ó sol é a intervalos é máis difícil que chegue a queimarme.
no
A absorción de radiación UV é acumulativa durante todo o día.
A radiación solar non afecta só a pel, senón tamén ós ollos.
si
O queimado da pel, é o efecto máis coñecido da radiación UV, pero as cataratas son outro dos seus efectos.
A xente de pel branca e pelo rubio son particularmente sensibles á radiación UV.
si
A xente de pel branca e pelo rubio son o grupo máis sensible a radiación UV.
Os efectos negativos das queimaduras cutáneas son acumulativos.
si
A capacidade do corpo humano para protexer e repara-los danos provocados pola radiación UV decrece durante o tempo de vida.