A radiación ultravioleta
A
luz solar está formada por radiación electromagnética con diferentes longuras
de onda, denominándose radiación ultravioleta (RUV) á comprendida
entre 200 e 400 nm (RUV C, 200-290 nm; RUV B, 290-320 nm; RUV A, 320-400
nm).

O A maioría da RUV é bloqueada pola atmósfera, acadando a superficie
terrestre cunha intensidade que depende de diversos factores:
- A atmósfera: Bloquea a RUV C e a meirande parte da B pero non á A, sendo ésta a maioría da radiación UV que chega á superficie terrestre. A depleción da capa de ozono pode ocasionar un incremento do nivel de UV B que nos alcanza. As nubes espesas poden reduci-lo nivel de UV B nun 90% ou máis pero as nubes finas ou dispersas ofrecen pouca protección.
- Hora do día: A meirande parte do total diario de enerxía solar alcada a superficie terrestre entre as ultimas horas da mañá e as primeiras da tarde (12 a.m. e 4 p.m.).
- Estación do ano: O nivel de UV pode ser 10 veces maior no verán ca no inverno.
- Altitude: O nivel de UV B aumenta coa altitude, sobre un 4% por cada 300 metros por enriba do nivel do mar. A 2000 metros o nivel de exposición pode ser un 20% maior có da costa.
- Latitude: Meirande exposición canto máis baixa sexa a latitude (máis preto do ecuador).
- Reflexión: Cando no ambiente que nos rodea existen materiais que reflexan a RUV,
o nivel de exposición increméntase:
![]() |
![]() |
![]() |
||
| Nun 2,5-3% se é herba. |
Nun 20-30% se é area. |
Ou nun 80-90% se é neve ou xeo. |
||
Ó redor do 95% da radiación UV penetra na auga, e o 50% faino ata unha profundidade
de 3m. | ||||
MeteoGalicia - CINAM - Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible - Xunta de Galicia
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Teléfono: +34-981-957464
Fax: +34-981-957466
Fax: +34-981-957466


