A capa de ozono
A
capa de ozono é unha rexión de concentración de moléculas de ozono (O3)
na atmósfera da Terra. Esta capa sitúase nunha altitude entre 19
e 30 km. Se non fora pola capa de ozono, unha grande cantidade de radiación
ultravioleta procedente do sol alcadaría a superficie terrestre
causando danos a tódalas especies vivas. Nos anos 70, os científicos
descubriron que os clorofluorcarbonados (CFCs) eran a causa da destrucción
do ozono estratosférico.

O
ozono créase na estratosfera cando a radiación UV procedente
do sol rompe as moléculas de osíxeno (O2)
en dous átomos de osíxeno. Se un átomo de osíxeno choca
contra un molécula de O2, xúntase
a esta para formar ozono. Este proceso recibe o nome de fotólises.
O ozono tamén se rompe naturalmente por acción da radiación
solar na atmosfera e tamén por reacción química con
varios compostos que conteñen nitróxeno, hidróxeno
ou cloro.
Nunha
atmosfera non poluída existe un balance entre a cantidade de ozono
que se produce e a que se destrúe. Como resultado, a concentración
total do ozono permanece relativamente constante. A concentración
de ozono varía coa altura tendo as concentracións máximas
entre 19 e 23 km. A maior parte do ozono estratosférico prodúcese
no ecuador onde o nivel de incidencia do sol é maior, e de aquí
é transportado polos ventos a latitudes maiores. Consecuentemente,
a cantidade de ozono estratosférico na Terra varía coa latitude,
coa estación e de día en día. Baixo circunstancias
normais os valores maiores de ozono atópanse sobre o Ártico
Canadense e Siberia, mentres que os valores máis baixos están
ó redor do ecuador. Estas distribucións medias posúen
certas variacións que poden ser de tipo estacional. Por exemplo,
a capa de ozono sobre Canada é normalmente máis gorda en
inverno e a principios de primavera, variando de xeito natural un 25%
entre Xaneiro e Xullo. Sen embargo, a máis coñecida é
aquela que existe durante o inverno e a primavera austral (de Xullo a
Outubro) cando se produce un esmorecemento da capa de ozono sobre a Antártida,
coñecido como burato de ozono. Este mesmo burato máis feble
aparece no Ártico nos meses de inverno boreal. As condicións
meteorolóxicas tamén poden provocar variacións diaria
considerables.
A
destrucción da capa de ozono acontece cando o balance natural de
producción e destrucción de ozono estratosférico
se desequilibra a favor da destrucción. Actualmente está
aceptado que compostos como os CFCs feitos polo home son a principal causa
da destrucción da capa. Foron os Drs. M. Molina e S. Rowland en
1974 quen relacionaron os CFCs coa destrucción da capa de ozono,
pero as súas ideas non foron tomadas en serio ata o descubrimento
do burato de ozono sobre a Antártida en 1985.
As
emisións de CFCs provocan aproximadamente o 80% da destrucción
da capa de ozono. Afortunadamente, e en resposta a acordos internacionais,
actualmente xa non se están a utilizar este tipo de compoñentes
en prol de protexer a capa de ozono. De tódolos xeitos, debido
a longa permanencia dos CFCs na atmosfera, a capa de ozono non se recuperará
ata mediados do século XXI como pouco.
Fonte:
Atmosphere, Climate & Environment Information. Programme (UK Department
of the Environment, Transport and the Regions)
MeteoGalicia - CINAM - Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible - Xunta de Galicia
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Teléfono: +34-981-957464
Fax: +34-981-957466
Fax: +34-981-957466