Medios de fotoprotección. Características recomendadas
As
medidas de protección ante o sol só serán eficaces se empregamo-los
productos adecuados na forma correcta. A seguinte información pode axudarlle
a escollelo:
Gafas de sol
Non precisa gastar unha fortuna para protexe-los seus ollos, marcas baratas
do mercado poden proporcionar unha óptima protección e marcas caras ser
inadecuadas.
A
cor do cristal máis escura non protexe contra a radiación UV e
o de que sexan espellados tampouco reduce significativamente a radiación
que acada os seus ollos.
As lentes polarizadas reducen considerablemente o resplandor e os reflexos
pero a polarización ten pouco efecto sobre a capacidade de absorber UV
da lente.
As gafas pechadas lateralmente proporcionan unha protección máis
adecuada cas normais, nas que un 4-5% da UV B chega ó ollo; na
neve e lugares con alta reflexión de luz este diseño é especialmente
importante.
Os cristais deben bloquea-lo 99-100% da radiacióan UV , A e B, cando permaneza
en exteriores con sol brillante. Lea a etiqueta e se só pon "bloquea
UV", sen especificar que cantidade e de que tipo, non as merque.
Gorras e sombreiros
Un sombreiro con á de polo menos 7,5 cm protexe, ademáis do cuero
cabeludo, a caluga, orellas e face, e tamén pode diminui-la cantidade
de UV que acada o ollo nun 50% (asociado a gafas de sol adecuadas o nivel
de UV que acada o ollo, éste é prácticamente 0). Unha gorra
tamén pode ser adecuada cando é o suficientemente larga coma para
cubrir orellas e caluga. As gorras "tipo béisbol" e as viseras protexen
a face pero non a caluga e as orellas.
Roupa protectora
Aínda que calquera tipo de roupa é mellor que ningunha,
a eficacia dalgunhas prendas pode ser inferior á dunha loción fotoprotectora
de FPS 15. Así, canto máis puntos de zurcido por cm cuadrado, máis
denso é o tecido e maior a protección; se o tecido é pouco
denso e transparenta moito á luz, a protección será baixa. A roupa
floxa tamén protexe máis ca apretada; a roupa húmida e moi axustada
ó corpo protexe pouco. Os tecidos de cor son máis eficaces
cos brancos pois os tintes aumentan en 3-4 veces o grao de protección.
O poliéster protexe máis que o algodón. As medias protexen minimamente
(FPS menor a 2), excepto as grosas e negras. En resumo, unha camiseta
branca de algodón de punto pouco denso e axustada ó corpo ofrece
un grao de protección baixo, menor aínda cando está mollada
e pegada á pel.
Sombrillas
de praia
Son de grande utilidade, do mesmo xeito que outros artiluxios que proporcionen
sombra. Sen embargo, debemos recordar que a protección non é total
pois non evitan a reflexión de UV pola area (ata un 30%).
Sustancias
fotoprotectoras
5.1. ¿Cómo actuan os fotoprotectores?
Son
sustancias que absorben e/ou reflexan e/ou dispersan a radiación solar
impedindo que acaden a pel.
5.2. ¿Cal é o grao de protección que ofrecen?
5.2.1. Protección ante UV B.
Os fotoprotectores
posúen unha etiqueta cun índice numéérico, chamado FPS (Factor de Protección
Solar) o IP, que indica o grao de protección contra a radiación UV B
(principal causante da queimadura) e soe expresa-la media da súa
eficacia en peles tipo 1, 2 e 3. Existen diversas normas estándar (FDA,
DIN, SAA, COLIPA) á hora de evalua-lo FPS, sendo o método COLIPA
o recomendado hoxe en díía polas asociacións nacionais da industria
cosmética dos países membros da U .E. e é empregado coma estándar
pola industria cosmética europea.
O FPS indica
numericamente as veces que un producto prolongará o tempo que tardaría
a piel en se queimar sen fotoprotección. Asíí, un FPS 2 indica que este
tempo se duplicou, FPS lO que é lO veces superior, etc. Así,
se vostede se queimaría en 20 minutos, un producto con FPS lO teoricamente
aumentaría o tempo sen queimarse ata 200 minutos. Sen embargo, unha
cousa é que a súa pel non se queime e outra que estea
totalmente protexida dos efectos nocivos da radiación UV B (RUV B);
tamén, que duplique o tempo que vostede pode estar ó sol sen
se queimar non significa que duplique a cantidade total de RUV B bloqueada.
Así, un producto con FPS 15 protéxeo do 93% da RUV B e un FPS
30 do 97%, non o doble senón un 4% máis. Non empregue productos
con FPS menor a 15.
5.2.2.
Protección ante UV A.
Se ben
para determina-lo FPS ou IP (que só fai referencia ó UV
B) os métodos de evaluación están armonizados, non ocorre o mesmo co
UV A. Ensaiáronse varios métodos pero os resultados difiren significativamente
entre eles e non existe un método oficial en Europa para a evaluación
da capacidade fotoprotectora dun producto ante os UV A. Destacan os
seguintes:
- APF: Factor de protección eritemático UV A
- PPF: Factor de protección fototóxico
- IPD: Índice de pigmentación inmediata
- PPD: Ìndice de pigmentación persistente
- Australian Standard AS/N75 2604.1997
- Método APP/% de protección UV A
- Boosts Star Rating System
- Método Diffey
Esta
situación fai que a información aportada polo etiquetado respecto á
protección contra UVA sexa confusa, máis aínda cando só
ofrece información inespecífica coma "contén filtros UV A" ou
"con protección UVA"
5.3. Características dos fotoprotectores.
- FOTOESTABILIDADE: Observouse que algúns ingredientes empregados para bloquea-la UV A (máis raramente cos filtros anti UV B) diminuen a súa eficacia a medida que permanecen expostos á radiación, fenómeno denominado fotodegradación. Fotoestabilidade significa que a sustancia permanece estable e esto pode conseguirse empregando moléculas fotoestables coma o Mexoryl S X ou ben incorporando outras moléculas que absorban a enerxía dos UV A impedindo así que se degrade a sustancia que actúa coma filtro solar. Desgraciadamente, moitos destes productos son expresados con sinónimos que fan difícil o seu recoñecemento na lista de ingredientes.
- ADHERENCIA Á PEL: é a capacidade do fotoprotector para permanecer unido á pel durante periodos de exercicio, sudoración e natación. Os productos adherentes poden ser "resistentes á auga (water resistant)" e "a proba de auga ou moi resistentes á auga (water proot)". A proba de auga, significa que o producto mantén a súa adherencia e eficacia coma fotoprotector durante a lo menos 80 minutos de contacto coa auga. Resistente á auga, significa durante a lo menos 40 minutos. Sen embargo, debe recordar que resistente á auga non significa "resistente ás toallas", a fricción durante o secado retira o producto.
5.4.
Formas de presentación.
Están
disponibles en moitas formas coma cremas, ungüentos, locións,
xeles, e sólidos en barra.
5.5.
Elección dun fotoprotector.
A multitude
de productos fotoprotectores actualmente existentes e a publicidade
agresiva fan difícil a elección máis adecuada. Os seguintes
datos proporcionaranlle os coñecementos suficientes para evaluar
un producto en base á información que debe suministra-lo etiquetado:
- PROTECCIÓN ANTE UV B (indicado polo FPS ou ID): use coma mínimo un n° 15 independentemente do seu tipo de pel, non o diminua se o sol é máis débil ou se o día está algo anubrado. Nas praias tropicais empregue coma mínimo un 30. Se padece enfermidades cutáneas relacionadas coa radiación UV e non pode evitar expoñerse ó sol empregue coma mínimo un 40.
- PROTECCIÓN ANTE UV A: para asegurarse unha boa protección empregue sempre productos que tamén bloqueen a UV A, chamados de "amplo espectro".
- FOTOESTABILIDADE: empregue productos fotoestables, que non se degraden coa luz solar, para que o seu grao de protección non diminua a medida que permanece exposto ó sol.
- ADHERENCIA Á PEL: os productos resistentes á auga son especialmente recomendables en persoas que realizan deportes acuáticos ou que sudan profusamente. Desconfíe de productos que din ser resistentes á auga durante horas, poden ser correctos en probas de laboratorio pero dificilmente o serán na práctica.
- ASPECTO DO PRODUCTO: coñecer como foi formulado tamén lle pode axudar a elexi-lo producto máis adecuado ás súas necesidades. As cremas son máis resistentes á auga que as locións ou os xeles. As cremas e as locións son máis adecuadas para persoas con pil seca, existindo ademáis productos especialmente formulados para dichas peles. Un xel ou unha loción sen graxas, nunha base alcohólica, son máis útiles se a súa pel é graxa ou padece acné.
Os fotoprotectores
físicos tenden a deixar un deposito branco sobre a pel se ben actualmente
existen formas micronizadas máis transparentes. Os fotoprotectores
químicos son transparentes. Ambos tipos poden ser sen ou con cor, estes
últimos máis útiles se desexa obter un efecto maquillaxe.
5.6.
Cómo aplica-lo producto. Causa de ineficacia.
As dúas
causas principais de ineficacia son aplicar pouca cantidade e non reaplicalo
con frecuencia.
- CANTIDADE:
os valores de FPS indicados na etiqueta son calculados para unha cantidade
de 2 mg de producto por cm cuadrado de pel; se aplica menos cantidade
o FPS real é inferior ó mostrado na etiqueta. De feito,
en estudios en voluntarios observouse que a maioría aplicaban unha capa
de producto demasiado fina, da metade a 1/4 da cantidade necesaria,
sendo o FPS real obtido na practica do 20-50% do indicado na etiqueta.
En xeral, un tende a se aplicar menos cantidade cando o producto é
opaco (pantallas físicas) que cando é transparente (pantallas
químicas); recorde que aínda que o producto sexa opaco non significa
que necesite aplicar menor cantidade. Tamén, os individuos que se queiman
máis difícilmente tenden a aplicar moita menos cantidade que
aqueles de piel moi branca que se queiman fácilmente; recorde que non
debe aplicar menos producto por que a súa pel esté máis
morena ou se queime máis raramente.
Por último, diversos estudios recentes mostran que o FPS real de case a totalidade dos productos investigados era inferior ó indicado na etiqueta.
Por elo, se desexa unha protección óptima empregue sempre un FPS superior a 15 e aplique tanta cantidade de fotoprotector como aplicaría dun producto para a pel seca. Un adulto debe empregar en todo o seu corpo uns 28 gramos (un envase de 120 ml permite 4 aplicacións). Coma regra, a cantidade aplicada á face e colo = costas = tronco anterior = un ombreiro + un brazo = a metade da necesaria para unha perna + un pé.
Se tende a aplicar pouca cantidade de producto aumente o FPS empregado pois se emprega a metade da cantidade recomendada dun producto con FPS 30 obterá un FPS real de aproximadamente tamén a metade do indicado na etiqueta (FPS 15). - FRECUENCIA: reaplíqueo cada 2 horas, antes se suda moito, e despois de cada baño se o producto non é resistente á auga.
- MOMENTO: fágao uns 20-30 minutos antes da exposición para que o producto poida "axustarse" ó corpo e a eficacia sexa óptima.
5.7. ¿Son os fotoprotectores infalibles?
Non hai
evidencias firmes de que os filtros solares o protexan do melanoma e
só hai evidencias limitadas de que o fagan doutras formas de
cáncer cutáneo. Algúns productos fotoprotectores,
empregados adecuadamente, poden axudalo a se protexer dalgúns
dos efectos nocivos da radiación UV pero outras medidas coma
roupa protectora, sombra, evita-las horas de máxima irradiación
(índice UV moi alto), non emprega-los fotoprotectores para aguantar
horas e horas ó sol sen se queimar, etc. son fundamentais.
MeteoGalicia - CINAM - Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible - Xunta de Galicia
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Teléfono: +34-981-957464
Fax: +34-981-957466
Fax: +34-981-957466