Medidas
de protección recomendadas
O
correcto emprego de productos fotoprotectores é importante en nenos
maiores de 6 meses e en adultos, pero tomar outras medidas para evita-la
excesiva exposición á luz solar tamén é moi importante.
De feito, non hai evidencias firmes de que os filtros solares se protexan
do melanoma e só hai evidencias limitadas de que o fagan doutras
formas de cancro cutáneo.
A
seguinte táboa amosa as medidas recomendadas en adultos segundo
o tipo de pel e o índice UV existente.
Medidas de protección recomendadas en adultos
| Índice UV | Medidas | |||
| 1 | Baixo | FPS 9, gafas de sol | ||
| 2 | ||||
| 3 | ||||
| 4 | Moderado | FPS 15 ou maior, sombreiro, gafas de sol | ||
| 5 | ||||
| 6 | ||||
| 7 | Alto | FPS 30 ou maior, sombreiro, roupa protectora e gafas de sol | ||
| 8 | ||||
| 9 | ||||
| 10 | Extremo | FPS 40 ou maior, sombreiro, roupa, gafas de sol e evitar exporse ó sol de 12 am a 4 pm | ||
| 11 | ||||
| 12 | ||||
Medidas de protección recomendadas en nenos
Aínda que moitos dos peores efectos debidos á excesiva exposición
ó sol non aparecen na xuventude, a investigación medica mostra
que a meirande parte da radiación UV que nos alcanza ó longo de
toda a vida (ata o 80%) ocorre nos primeiros 18 anos e que as queimaduras
solares intensas na infancia aumenta significativamente o risco de desenvolver
cancro cutáneo na idade adulta.
Os
nenos menores de 6 meses no se deben expoñer directamente
ó sol. A protección debe ser roupa e sombra, sen lles aplicar
ningúún producto fotoprotector, pois a pel a esa idade non é o
suficientemente madura para afronta-las sustancias que se pudieran absorber.
Se a exposición é inevitable pódese empregar unha sustancia
fotoprotectora en pequenas áreas corporais que non poidan ser cubertas
por roupa, coma a cara e o dorso das mans.

Os
nenos maiores deben empregar productos fotoprotectores se se
expoñen directamente ó sol, cun FPS de como mínimo 15,
e acompañado das seguintes medidas:
| Índice UV | Medidas | |||
| 1 | Baixo | FPS 15, gafas de sol | ||
| 2 | ||||
| 3 | ||||
| 4 | Moderado | FPS 30 ou maior, sombreiro, roupa protectora, gafas de sol | ||
| 5 | ||||
| 6 | ||||
| 7 | Alto | FPS 50 ou maior, sombreiro, roupa protectora, gafas de sol e evitar exporse ó sol de 12 am a 4 pm | ||
| 8 | ||||
| 9 | ||||
| 10 | Extremo | FPS 60 ou maior, tódalas medidas anteriores e manterse baixo cuberto nas horas centrais do día | ||
| 11 | ||||
| 12 | ||||
Medidas
de protección recomendadas noutras situacións
- Viaxes: En praias de países tropicais débese empregar productos con FPS de a lo menos 30.
- Esquiadores: A intensidade da radiación UV é maior coa altura, a só
2000 metros pode ser xa ata un 20% maior que ó nivel do mar.
Ademáis, a neve reflexa preto do 90% da radiación UV que chega desde
o ceo incrementando aínda máis o nivel de radiación. Por
elo, recoméndanse as seguintes medidas:
- 1. Aplique productos con FPS de a lo menos 30 en tódalas óreas de pel exposta coma a cara, orellas, colo e mans. Leve o producto con vostede para poder reaplicalo regularmente.
- 2. Empregue unhas gafas de sol "pechadas" (que bloqueen non só a luz frontal senon tamén a lateral).
Resumo das medidas básicas de fotoprotección
- 1. Non expoña directamente ó sol a nenos menores de 6 meses nin aplique productos fotoprotectores sobre a súa pel.
- 2. Empregue un producto fotoprotector con FPS (nivel teórico de bloqueo da UV B) de a lo menos 15 e de amplo espectro (que tamén bloquee a UV A). Aplíqueo en tódalas áreas que se van expoñer ó sol, incluíndo beizos, aínda en días nubosos, e reaplíqueo sempre cada 2 horas se non se baña, ou máis frecuentemente se suda moito, despois de bañarse se o producto non é resistente á auga e taméén se permaneceu na auga máis de 20 minutos.
- 3. Empregue gafas de sol que bloqueen o 99-100% da radiación UV B e da A, un sombreiro ou gorra de á ancha que dea sombra á súa cara e colo, roupa protectora, e permanezan á sombra sempre que poidan.
- 4. Evite a exposición directa ó sol entre 12 a.m. e 4 p.m., horas de máxima irradiación.
- 5. Non empreguen lampadas solares e demáis aparatos bronceadores.
- 6. Recorde que estas medidas son para evita-la sobreexposición cando por deporte, esparcimento ou traballo se expoña ó sol. Non son medidas para obter un "bronceado seguro" pois o broceado é xa, por definición, un sinal de dano solar. Non existe "bronceado seguro".
Na sección
Medios de Fotoprotección amplíase
a información sobre productos e formas de fotoprotección.
MeteoGalicia - CINAM - Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible - Xunta de Galicia
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Teléfono: +34-981-957464
Fax: +34-981-957466
Fax: +34-981-957466