MeteoGalicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible MeteoGalicia
Introducción. O sol e o ser humano
A exposición á luz solar é necesaria e beneficiosa para todo ser humano e tamén pode empregarse para tratar algunhas enfermedades cutáneas. Sen embargo, a información científica dispo˜ible mostra que a exposición excesiva causa numerosos efectos nocivos para a saúde. Entender estes efectos perxudiciais e toma-las precaucións adecuadas permitiranos desfrutar do sol evitando os efectos nocivos da excesiva exposición á súas radiacións. A radiación ultravioleta pode causar danos cutáneos visibles (queimadura) e invisibles (aceleración do envellecemento cutáneo, etc.) así coma danos oculares. A protección solar dçebese mantener toda a vida, comezando na infancia e sendo especialmente estricta nos primeiros 18 anos de vida, época na que recibimos do 50%-80% de toda a exposición solar da nosa vida, sendo fundamental a fotoprotección neste periodo para diminuir drásticamente a probabilidade de cáncer cutáneo nos anos posteriores.

Todo o mundo, independentemente da súa raza ou etnia, é susceptible ós efectos nocivos da excesiva exposición ó sol. As persoas con pel escura teñen unha meirande protección natural contra a queimadura solar cás de pel crara pero son igualmente sensibles ós efectos nocivos da sobreexposición solar, incluíndo o cáncer de pel.

sol