Índice
Ultravioleta, tipo de pel e tempo para queimadura
O
Índice Ultravioleta (UV) é un método para predeci-la intensidade
coa que a radiación UV solar alcada a superficie terrestre, orientándonos
así sobre as precaucións que deberíamos tomar para evitar unha
sobreexposición.
A pel do ser humano divídese en seis tipos segundo a intensidade
da súa pigmentación (Táboa 1). Dependendo do valor do Índice
UV e do noso tipo de pel, a luz solar tardará máis ou menos tempo
en dana-la pel de forma aguda provocando o seu arrubiamento (queimadura).
A Táboa 2 mostra o tempo aproximado no que se queimaría a nosa
pel sen aplicar fotoprotectores, o que dependerádo Índice UV existente
e do tipo de pel. Tamén mostra o mínimo Factor de Protección Solar (FPS,
mide a protección contra a UV B, principal causa das queimaduras) que
deberían tene-los productos aplicados para evitar que nos queimemos.
Os datos expostos indican como bloquea-la suficiente cantidade de radiación
UV B para non queimarse. Sen embargo, é IMPORTANTE coñecer
e recorda-lo seguinte:
- 1. A queimadura é un dano agudo provocado pola radiación UV, pero evitar queimarse non significa evitar tódolos efectos perxudiciais que pode causar esta radiación. Un fotoprotector cun FPS inferior a 15 pode chegar a bloquea-la suficiente luz UV B como para evita-lo arrubiamento da pel pero aínda así non impide cunha excesiva cantidade desta radiación siga alcadando e danando a pel, aínda sen causar queimadura visible.
- 2. Aínda que a queimadura se debe principalmente ós raios UV B, os raios UV A tamén poden causar un dano cutáneo importante e acumulativo sendo así insuficiente a protección só contra a UVB.
- 3. É recomendable, por tanto, que tódalas persoas, independentemente da súa raza e tipo de pel, empreguen un producto fotoprotector cun FPS de como mínimo 15 (bloquea o 93% da radiación UV B) e que ademáis sexa de amplo espectro (que bloquee ademáis a radiación UV A).
Tipos de pel |
Descripción |
Resposta á exposición solar |
I |
Pel branca alabastro con moitas pecas, rubios |
Sempre se queima fácilmente, a queimadura pode ser intensa. Nunca se broncea |
II |
Pel branca, ollos azuis |
Sempre se queima fácilmente, a quemadura pode ser intensa. Pode chegar
a broncearse pero mínimamente |
III |
Pel branca con mínima tonalidade marrón. Caucasianos |
Pode queimarse, a queimadura será moderada. Pode chegar a broncearse gradualmente
|
IV |
Pel de ton marrón máis ou menos intenso. Mediterráneos. |
Pode queimarse pero a quemadura será mínima Sempre se broncea |
V |
Pel de ton marrón intenso. Asiáticos, Negros de tonalidade pouco intensa,
Oriente Medio, Sudamérica |
Raramente se queima. Broncéase con intensidade |
VI |
Negros de tonalidade intensa |
Nunca se queima. Broncéase profundamente |
Táboa 1 .-Tipos de pel |
| Índice UV | Pel I | Pel II | Pel III | Pel IV | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Baixo |
DEM: 40 min.
FSP: 15 |
DEM: 50 min.
FSP: 12 |
DEM: 80 min.
FSP: 9 |
DEM: 100 min.
FSP: 6 |
|||
|
Moderado |
DEM: 20 min.
FSP: 30 |
DEM: 30 min.
FSP: 25 |
DEM: 40 min.
FSP: 15 |
DEM: 50 min.
FSP: 12 |
|||
|
Alto |
DEM: 15 min.
FSP: 50 |
DEM: 20 min.
FSP: 40 |
DEM: 25 min.
FSP: 30 |
DEM: 35 min.
FSP: 20 |
|||
|
Moi Alto |
DEM: 15 min.
FSP: 50 |
DEM: 20 min.
FSP: 40 |
DEM: 25 min.
FSP: 30 |
DEM: 35 min.
FSP: 20 |
|||
|
Extremo |
DEM: 10 min.
FSP: 60 |
DEM: 15 min.
FSP: 50 |
DEM: 20 min.
FSP: 40 |
DEM: 25 min.
FSP: 30 |
|||
Táboa 2 .-Queimadura solar. Tempo requerido para queimarse sen protección (DEM)
|
DEM:
Dose Eritematóxena Mínima. É o tempo mínimo que tarda a pel en
se queimar sen fotoprotección, depende do nivel de radiación e do tipo
de pel.
FPS:
Factor de Protección Solar. Indica numericamente as veces que, en teoría,
se prolongará o tempo de DEM ó aplicar un fotoprotector. Un FPS
2 indica que a DEM se duplicou, FPS 10 que é lO veces superior,
etc. Así, se vostede se queima en 20 minutos (DEM de 20), un producto
con FPS 10 teoricamente aumentaría o tempo sen queimarse ata 200 minutos.
Na sección Medios de Fotoprotección amplíase a información sobre
estes productos.
MeteoGalicia - CINAM - Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible - Xunta de Galicia
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Teléfono: +34-981-957464
Fax: +34-981-957466
Fax: +34-981-957466