Predición
do índice UV
Mediante
o uso dun modelo de transferencia de radiacióón calcúlase a cantidade
de radiación UV B que chega á superficie cunha longura de onda entre 280
e 315 nm. Para iso, tense en conta o día do ano, a hora á que se alcanza
o mediodía solar e a latitude do punto, así como os niveis de ozono medidos.
Posteriormente, esta cantidade promédiase de acordo ca resposta
da pel a cada longura de onda; para iso, emprégase o chamado espectro
McKinlay-Diffey Erythema, espectro que determina a influencia do índice
UV nos seres humanos segundo cada longura de onda.
Unha
vez temos o valor da irradiancia UV (UVIp) nun lugar dado, este verase
afectado pola cuberta nubosa do punto (CN), así como pola altitude sobre
o nivel do mar (ALT) á que se atopa o citado punto. Esta irradiancia en
superficie aumenta un 8% por cada quilómetro sobre o mar. Por outra parte,
a nubosidade reduce esta irradiancia, segundo a táboa 1 .
|
Estado
do ceo
|
|
|
|
|
|
|
|
Factor de modificación
|
1.0
|
0.9
|
0.6
|
0.3
|
0.2
|
0.4
|
Táboa
1 .- Factor de modificación (CN) do índice UV segundo a cobertura nubosa |
Así,
a radiación UV (UVI) que finalmente chega á superficie virá determinada
por:
UVI = UVIp * CN * (1 + 0.08 * ALT)
No noso caso, a predición operativa diaria do índice UVI realízase a partires dos niveis de ozono e da cuberta nubosa preditos polo modelo AVN.
UVI = UVIp * CN * (1 + 0.08 * ALT)
No noso caso, a predición operativa diaria do índice UVI realízase a partires dos niveis de ozono e da cuberta nubosa preditos polo modelo AVN.
MeteoGalicia - CINAM - Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible - Xunta de Galicia
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Teléfono: +34-981-957464
Fax: +34-981-957466
Fax: +34-981-957466