Bronceado
Artificial. Solarios e Lámpadas Solares.
Moitos
salóns de bronceado empregaban antigamente aparatos que emitían
UV B que causaban facilmente queimaduras. Por iso, os salóns actuais
soen empregar dispositivos que emiten principalmente (pero non só)
UV A e que son ofrecidos coma "seguros" dado o menor risco de queimadura,
xa que antigamente se consideraban os UV A coma pouco nocivos en comparación
ós UV B. Sen embargo, os estudios actuais mostran que a radiación
UV A causa importantes danos cutáneos, como temos visto, e que pode estar
ligada á forma máis seria de cancro cutáneo, o melanoma.

Por outra parte, a radiación UV A emitida por un aparato de solario por
unidade de tempo é moito máis intensa que a luz solar natural.
Así, 20 minutos nun solario equivale a aproximadamente 4 horas de sol.
Conscientes
do risco, recentemente as Administracións Públicas estableceron
un conxunto de normas de obrigado cumprimento. Como resultado, estes dispositivos
sempre deben utilizarse en establecementos profesionais que coñezan
e cumpran as normas establecidas pola lexislación vixente. Esixa
o cumprimento de ditas normas, pola súa saúde.
MeteoGalicia - CINAM - Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible - Xunta de Galicia
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Teléfono: +34-981-957464
Fax: +34-981-957466
Fax: +34-981-957466