As tormentas
Tormentas
Unha
tormenta é unha intensa borrasca local que vai asociada a un
cumulonimbo grande e denso no que hai correntes de aire ascendente moi
fortes.
A
tormenta vai acompañada normalmente de estralos e lóstregos,
así coma de choiva forte, xeralmente moi intensa, que dura un
período curto.
Lóstregos
|
No
interior dunha nube, as cargas eléctricas prodúcense pola
colisión entre os cristais de xeo e a sarabia.
Nunha
segunda fase, as cargas sepáranse acumulándose as positivas
no cumio da nube e na base, as negativas.
A
carga negativa da base induce cargas positivas no chan situado inmediatamente
por debaixo da nube.
Os
lóstregos establécense coma descargas entre as cargas
positivas e negativas situadas ambas no interior da nube ou entre a
nube e o chan.
|
![]() |
Curiosidades:
- Para os antigos escandinavos, a tormenta era o modo de manifesta-la súa ira ó deus Thor; éste golpeaba o iunque co seu tremendo martelo provocando o trono. Os estralos e lóstregos non eran outra cousa que as chispas e centellas que saltaban ó golpe do martelo de Thor.
- O desastre que os temporales atlánticos fixeron sufrir á Armada Invencible que mandou contra Inglaterra Felipe II de España, á que ocasionaron uns 8000 mortos e a perda de 63 navíos, din que fixo exclamar a Don Felipe: "Eu non mandei ás miñas naves a loitar contra as tempestades".
MeteoGalicia - CINAM - Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible - Xunta de Galicia
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Teléfono: +34-981-957464
Fax: +34-981-957466
Fax: +34-981-957466
