Montañas
e Vales
A
presencia de obstáculos topográficos induce importantes
cambios na circulación do vento, cambios que abarcan dende a formación
de ondas gravitacionais coa conseguinte formación de nubes orográficas
cando a atmósfera posúe unha cantidade suficiente de humidade,
ata a inducción de circulacións cerradas do vento en conxunción
cos ciclos diurnos/noctucnos de calor.
As
cordilleiras ou os vales impiden a libre circulación do vento forzándoo
a superalas e provocando a xeración de ondas gravitacionais
na atmósfera; nas crestas das ondas gravitacionais, onde o aire
é desprazado cara arriba con respecto da súa situación
de equilibrio, o entorno resulta máis frío, o que favorece
a condensación da humidade presente no aire en ascenso e a formación
das chamadas nubes orográficas.
Cando
unha corrente de aire húmido ascende por unha montaña, sofre
un enfriamento adiabático, condensando o seu vapor de auga e formando
nubes e precipitacións. Pola contra, cando o aire así desecado
descende pola vertiente oposta quéntase a razón de 1º
C por cada 100 metros, resultando un aire máis seco e cálido
que ó principio; este fenómeno denomínase efecto
Foen e afecta a rexións tan dispares coma os Alpes de Suíza,
as Montañas Rocosas en EEUU ou a Serra do Xuído en Galicia.
O
quentamento solar diurno e a radiación nocturna que sofren as ladeiras
de montes e vales xeran diferencias de temperatura entre masas de aire
en contacto co relevo e aquelas situadas á mesma altura, aínda
que lonxanas da influencia orográfica; é xustamente este
gradiente de temperaturas o que desencadea a acción das forzas
de flotación xerando circulacións ou patróns locais
de vento denominados ventos Anabáticos e Catabáticos,
consistentes en aire máis frío e denso descendente en superficie
acompañado de aire máis quente ascendente en altura, no
caso de vento Anabático mentres que para o caso de vento Catabático,
a circulación establécese no senso contrario, aire máis
cálido ascendendo en superficie que é reemplazado pola entrada
en altura de vento manos cálido.
![]() |
![]() |
|
As
ondas da atmósfera poden producir tamén interesantes efectos
visuais; así, os reactores producen estelas moi visibles (coma
as indicadas na figura) cando voan por capas de aire que están
por debaixo dos 0º C; o vapor expulsado polos motores condénsase
en cristalitos de xeo. |
Ó
fondo da imaxe obsérvanse nubes orográficas formadas polo
relevo montañoso na costa de Samoa. |
Curiosidades:
- O efecto Foen ten lugar na serra do Suído, onde a presencia de barreiras topográficas induce o ascenso forzado das masas de auga procedentes das costas oceánicas, xerando a descarga de abundantes precipitacións tal e como evidencian os rexistros observatorios de Fornelo de Montes (na serra do Suído) onde a media normalizada acada a nada despreciable cifra de 1800 mm.
MeteoGalicia - CINAM - Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible - Xunta de Galicia
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Teléfono: +34-981-957464
Fax: +34-981-957466
Fax: +34-981-957466

