A temperatura
As
temperaturas da Terra dependen da enerxía solar e esta non
chega de forma homexénea a todo o planeta; a distribución
de enerxía depende do ángulo co que a luz chega ó
chan, é dicir, da latitude da rexión que se estea a analizar;
deste xeito, canto máis lonxe do Ecuador se estea, os raios deberán
atravesar unha rexión ou espesor máis amplo da atmósfera
para chegaren á superficie coma consecuencia da curvatura do noso
planeta. Hai que ter ademáis en conta que da enerxía solar
interceptada pola atmósfera, unha pequena parte é absorbida
en primeiro lugar pola propia atmósfera, en especial por certos
gases coma o ozono e o vapor de auga; outra parte da enerxía é
reflexada ó espacio pola atmósfera e as súas nubes
así como pola superficie terrestre e finalmente, outra é
absorbida pola propia superficie terrestre. A temperatura do aire cercano
á superficie terrestre depende da temperatura das terras sobre
as que se atopa; así, distintos chans e plantas absorben diferentes
grados de enerxía solar.
A
temperatura atmosférica é a medida da calor no aire; o grado
Celsius e o termómetro de mercurio son a únidade e instrumento
de medida respectivamente máis comúns;a temperatura de cero
grados Celsius correspóndese coa temperatura á que o xeo
se funde (punto de fusión) mentres ca de 100 º C correspóndese
coa temperatura á que a auga ferve (punto de ebullición);
sen embargo, a unidade de temperatura do Sistema Internacional de Unidades
é o Kelvin, que para fins prácticos é simplemente
a escala Celsius á que se lle engade 273 grados.
Con
frecuencia, a temperatura diminúe cando subimos a unha montaña,
aínda que ás veces, ó chegar a certo nivel, en lugar
de diminuir, aumenta; esas rexións onde o aire aumenta a súa
temperatura coa altura denomínanse capas de inversión.
|
Curiosidades:
|
![]() |
MeteoGalicia - CINAM - Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible - Xunta de Galicia
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Teléfono: +34-981-957464
Fax: +34-981-957466
Fax: +34-981-957466
