Sensación
térmica: enfriamento polo vento (wind chill)
A
sensación térmica é unha corrección empregada en meteoroloxía para
expresar de maneira máis exacta a temperatura que sinte unha persoa, que
en moitos casos resulta moi diferente da temperatura ambiente rexistrada.
As variables que máis afectan ó benestar térmico do home son a
temperatura e a humidade ó incidir ambas sobre a capacidade de
perda ou ganancia de calor do corpo humano; a éstas
hai que engadi-la influencia da velocidade do vento que contribúe na menor
ou maior sensación de incomodidade.
O chamado wind chill (enfriamento polo vento) é o índice
meteorolóxico que combina a temperatura e a velocidade do vento
para calcula-la perda de calor que produce no corpo unha masa de aire
frío en movemento. Exprésase coma a enerxía perdida por
un corpo por unidade de área de pel exposta por segundo; a súas
unidades son os vatios por metro cadrado; os valores do wind chill oscilan
habitualmente entre os 1000 e os 2500 (vatios/metro cadrado).
O
cálculo do enfriamento polo vento realízase en base a esta
fórmula:
Enfriamento térmico = 0.323 * (18.97 * sqrt (velocidade do vento)- velocidade do vento + 37.62 * (33.0 - temperatura do aire)
onde o enfriamento térmico se expresa en vatios por metro cadrado, a velocidade do vento en quilómetros por hora e a temperatura do aire en graos centígrados.

Sen
embargo, resulta máis funcional emprega-la temperatura equivalente
do enfriamento polo vento, que non é máis que a forma de
expresa-los efectos combinados da velocidade do vento e da temperatura
en graos centígrados; calcúlase determinando cal é
a temperatura exterior que se tería cunha velocidade do vento de
6 quilómetros por hora (a velocidade media do paso dunha persona)
de xeito que o factor de wind chill sexa o mesmo co que se obtería
para a temperatura ambiente e a velocidade de vento do momento actual.
A
expresión que permite o cálculo da temperatura equivalente
do enfriamiento polo vento é,
Temperatura equivalente = 33.0 - (B * sqrt (velocidade do vento)- velocidade do vento + C)/(B * sqrt (velocidade de paso) - velocidade de paso + C) * (33.0 - temperatura)
onde a velocidade do vento e de paso se expresan en quilómetros por hora, sendo o valor desta última de 6 Km/h, as temperaturas en graos centígrados e B e C constantes de valor igual a 18.97 e 37.62, respectivamente.

Cando
baixa a temperatura, o corpo humano activa unha serie de mecanismos para
se manter quente (por exemplo, comeza a bate-los dentes). O organismo
produce a calor que se precisa en base ó forte movemento muscular
formando permanentemente unha fina capa protectora de aire quente que
rodea á pel e a ailla da temperatura exterior. En ausencia de vento,
esa capa circula e se eleva polo corpo ata a fronte; pero cando hai vento,
esta capa vese desprazada e arrastrada, polo que se sinte máis frío. Canto
máis forte sexa o vento, máis esforzo terá que face-lo corpo para renova-la
capa de aire que se perde constantemente.Por
outro lado, un forte vento
aparta a calor xerada polo noso corpo evaporando rápidamente calquera
humidade que se forme sobre a nosa pel.

MeteoGalicia - CINAM - Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible - Xunta de Galicia
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Teléfono: +34-981-957464
Fax: +34-981-957466
Fax: +34-981-957466