MeteoGalicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible MeteoGalicia
A sarabia
A sarabia consiste en fragmentos pequenos de xeo cun diámetro de 5-50 mm ou máis que proceden de cumulonimbos. Estas pedras destructoras fórmanse por acreción sucesiva de gotiñas de auga ó redor dun pequeno núcleo de xeo que cae a través dunha nube densa.

Máis específicamente, no interior dos cumulonimbos, onde existen fortísimas correntes ascendentes, as gotiñas de auga son arrastradas ata grandes alturas, onde se xean para volver a caer; mantida a súa suspensión polas poderosas correntes de aire ascendente, cada pedra de sarabia crece pola unión e conxelación de numerosas gotiñas; esta conxelación sucesiva fai que o granizo posua unha estructura interna en capas concéntricas, polo que moitas pedras presentan ó corte, o aspecto dunha cebola. Ó final, o granizo escapa á corrente ascendente existente no interior dos cumulonimbos e cae á terra.


Curiosidades:

  • Entre tódalas formas de precipitación, a sarabia é a que produce os maiores danos inmediatos. Así, en Rusia empregan, ás veces, cohetes cargados con sustancias químicas para "sembrar" tormentas; esto fai que as nubes solten a sarabia antes de que os seus grans teñan adquirido un tamaño excesivo e poidan daña-las cosechas.

sarabia