As
Ondas de Rossby
As
ondas de Rossby deben o seu comportamento ás perturbacións
causadas por grandes barreiras montañosas, así coma ás
diferencias térmicas latitudinais de gran escala. A atmósfera
en movemento atopa barreiras no seu avance e vese forzada a superalas
ascendendo e, posteriormente, descendendo baixo a influencia gravitacional;
este movemento de ascenso/descenso xera alteracións na vorticidade.
Estas variacións débense compensar nun planeta en rotación
coma a Terra para que o sistema permaneza estable. Este
principio, coñecido coma o principio de conservación da
vorticidade absoluta, foi investigado por Carl-Gustav Rossby a finais
dos anos 30; tomando o hemisferio norte, o aire que se ve forzado a ascender,
tende a verse desviado cara a esquerda para conserva-la súa vorticidade
absoluta e, no seu descenso, cara a dereita, xerando un patrón
de ondas
longas habitualmente coñecidas polo nome de Ondas de Rossby.
Trátase de ondas caracterizadas por unha grande lonxitude de onda
e unha amplitude notable, polo que existen poucas en cada hemisferio.
Este tipo de ondas viaxan do leste cara o oeste.
A
banda ou franxa sobre a que aparecen perfectamente recortadas as ondas
de Rossby resulta relativamente estreita (uns centenares de quilómetros
de anchura) se se compara coa superficie global terrestre; trátase
dunha rexión de
elevado gradiente térmico e asóciase coa fronte polar en
superficie:
As
ondas de Rossby están a adquirir progresivamente un papel más
importante na dinámica da troposfera das rexións de latitudes
medias ó seren consideradas, na actualidade, coma as que rixen
a circulación en superficie en función da súa localización
e amplitude. Así, o reaxuste da circulación oceánica
a causa de cambios de orixe térmico e eólicos que se producen na superficie mariña prodúcense
a través das ondas de Rossby.
Exemplos:
|
|
|
|
Circulación
con poucas ondas de pequena amplitude.
|
Circulación
ondulada na que se perfilan claramente os seos e as vaguadas.
|
|
|
|
|
A
circulación parece estar próxima á estrangulación.
|
Gota
fría e circulación cuasizonal reconstruída
en latitudes altas.
|
MeteoGalicia - CINAM - Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible - Xunta de Galicia
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Teléfono: +34-981-957464
Fax: +34-981-957466
Fax: +34-981-957466