MeteoGalicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible MeteoGalicia
Métodos de protección contra as xeadas
A protección contra as xeadas é especialmente importante no caso de cultivos de gran valor. Por outra banda hai que diferenciar entre temperatura do aire e temperatura da planta. Así poderanse producir xeadas con temperaturas de 4 ou 5ºC, xa que as follas poden estar a 0ºC.

É preciso engadir que as xeadas son máis perniciosas cando os descensos de temperatura son máis rápidos que cando o enfriamento é lento.

O efecto das xeadas sobre as plantas é ocasionado pola rotura de células e de texidos unha vez que se forma o xeo. Estos órganos rotos non presentan oposición á entrada de organismos patóxenos.

Entre os métodos de protección contra xeadas hai que distinguir entre métodos pasivos e activos.

helada

Métodos pasivos

Entre os que se poden destaca-los seguintes:

  • Elección do emplazamento do cultivo: As zonas convexas do terreo son zonas dispersoras de aire frío. Pola contra, as zonas cóncavas, son lugares de acumulación de aire frío e cauces naturais para as masas de aire frío.
  • Elección de especies e variedades: Consiste en seleccionar cultivos para os que o período de máxima sensibilidade ó frío non coincida co período de risco alto de xeada.
  • Elimina-la floración precoz: É necesario retrasa-la floración tanto como sexa posible, para que nesa época xa non haxa xeadas. Para retrasa-la floracióçn pódese realizar un tratamento con productos químicos ou ben emprega-la técnica de enfriamento das árbores con aspersión de agua por riba. A evaporación da agua produce enfriamento e polo tanto a floración atrásase. Sen embargo, se as cantidades de auga que hai que empregar son extraordinarias, o sistema non resulta rentable.
  • Técnicas de cultivo: Un solo con cuberta vexetal supón un menor quentamento diurno e unha maior radiación diurna, por iso, e especialmente en terras con frutais, téntase mante-lo solo sen herbas e o máis compacto posible.

Métodos activos

Hai que destaca-los seguintes:

  • Regos por aspersión: Mediante o rego, consíguese que ó baixa-las temperaturas, pase de auga líquida a sólido liberando a calor latente de conxelación. En España case non se fixeron experimentos deste tipo pero si en EEUU.
  • Regos por inundación: Mante-lo solo húmido implica que a capa de aire en contacto con el se enfría menos, reducíndose considerablemente o risco de xeadas.
  • Quentamento do aire e as plantas: O obxectivo deste quentamento é mante-los texidos vexetais por riba da temperatura letal.
  • Homoxeneización do aire mediante ventiladores ou helicópteros: A producción de correntes de aire homoxeneiza a temperatura do aire, diminuindo ampliamente o risco de xeadas de radiación.
  • Illamento térmico: Trátase de cubri-las plantas durante a noite con materiais de baixa emisividade na banda de lonxitudes de IR térmico , baixa conductividade térmica e interceptores de radiación de onda larga. Estes materiais non deben toca-las plantas.