A
Predición Meteorolóxica
O proceso de predición meteorolóxica baséase no coñecemento
da situación no momento de efectua-la predición. A partires do coñecemento
da situación nun determinado momento pódense coñece-los
mecanismos que actúan sobre a atmósfera e predeci-los comportamentos desta
nas horas seguintes.
En
décadas anteriores, esta extrapolación efectuábase baseándose no
coñecemento destes mecanismos por parte dos predictores, pero na
actualidade incorporáronse as técnicas de modelización numérica
á atmósfera. A aplicación destes modelos fixo sobre todo que as
prediccións poidan ser realizadas con bastante exactitude, en promedio,
ata as seguintes 72 horas. A partires desa duración os resultados dun modelo
numérico poden alonxarse moito da realidade debido ó comportamento
caótico da atmósfera que fai que a sensibilidade da mesma ás condicións
iniciais sexa extrema.
Para coñece-la situación no momento da predición empréganse
medidas de variables atmosféricas (presión, temperatura, vento, humidade...)
tanto en superficie como nos distintos niveis atmosféricos puidendo alcanzar
os 10 ou 12 Km de altura. Estas observacións obtéñense
tanto por radiosondaxes, coma por barcos, avións e estacións
de observación en superficie. Ademáis empréganse tamén os datos
obtidos polos satélites meteorolóxicos, coma por exemplo, o Meteosat.
En canto ós modelos numéricos, estos empréganse en modo
global, dando unha situación sinóptica xeral e nun modo máis local, que
permita distingui-las características locais de cada zona.
Estación
Meteorolóxica de Lourizán (Pontevedra)
Os métodos tradicionais de predición son:
- As piñas, que se abren ou se pechan segundo a humidade ambiental: unha piña aberta indica tempo seco e unha pechada, tempo húmido.
- As algas mariñas: do mesmo xeito que as piñas, as algas responden ós cambios de humidade.
- O vermello celestial: Se na súa posta o sol se encarna, bo tempo asegurado; pero se no amencer se avermella, mal augurio semella.
MeteoGalicia - CINAM - Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible - Xunta de Galicia
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Teléfono: +34-981-957464
Fax: +34-981-957466
Fax: +34-981-957466