A precipitación
As
nubes comezan a precipitar cando algunha das gotiñas que conteñen
alcanzan o tamaño suficiente para caer a través do aire
cunha velocidade apreciable.
A precipitación pode iniciarse ben mediante o proceso de colisión-coalescencia
ou polo de formación de cristais de xeo, prevalecendo a coalescencia
en nubes cálidas (aquelas nas que a súa cima non alcanza
temperaturas inferiores ós 0º C) e con elevado contido acuoso.
As partículas de precipitación, unha vez formadas, crecen
debido ó barrido de gotiñas nubosas (acreción) ou
por condensación dunhas con outras. Este crecemento determina a
producción de gotas de choiva, copos de neve ou granizo.
Finalmente,
hai que considera-lo efecto dos volcáns, que coas súas emisións
de cinza reducen as temperaturas globais terráqueas.
Imaxes:
![]() |
Curiosidades:
- A cantidade total de auga contida na atmósfera en calquera momento é suficiente para producir uns 25 mm. de choiva sobre a superficie terrestre.
MeteoGalicia - CINAM - Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible - Xunta de Galicia
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Teléfono: +34-981-957464
Fax: +34-981-957466
Fax: +34-981-957466
