MeteoGalicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible MeteoGalicia
Pantano barométrico
O nome de "pantano barométrico" denota unha rexión normalmente ampla dentro do réxime de mesoescala (por exemplo, coma toda a Península Ibérica) onde reinan altas presións de forma regular, sen grandes variacións en moitos quilómetros á redonda.

En inverno esta configuración favorece a presencia do sol, a formación de néboas de pouca persistencia nos vales e de xeadas. En canto ó vento, éste tende a ser moi débil ou incluso reina-la calma.

En verán, sen embargo, esta situación xera calimas, sol, bochorno, calor intenso e brisas locais nas costas.

A situación de pantano barométrico (coma a que se ilustra na figura sobre a Península Ibérica) téndese a manter durante varios días nos que a masa de aire adquire os rasgos climáticos da zona xeográfica sobre a que se sitúa. Nas grandes cidades, tal situación aumenta a contaminación:


pantano