MeteoGalicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible MeteoGalicia
As nubes
As nubes consisten en diminutas gotiñas de auga de 0.002 a 0.006 mm de diámetro ou en pequenos cristais de xeo que son sostidos polos lixeiros movementos ascendentes de aire. Para que se formen as gotiñas que constitúen as nubes, é necesario que as partículas microscópicas de po sirvan de centros ou núcleos de condensación.

As nubes subdivídense segundo a súa altura de formación e subsidencia en:

  • Altas (a súa base atópase por enriba dos 7 km, xeralmente formadas na súa totalidade por cristais de xeo): Cirros, cirrostratos e cirrocúmulos.
  • Medianas (con base entre os 2 e os 7 km): Altoestratos, altocúmulos e nimboestratos.
  • Baixas (por debaixo dos 2 km): Cúmulos, cumulonimbos, estratocúmulos, estratos e estratocúmulos.


Imaxes de tipos de nubes:

cumulos


Curiosidades:

  • A palabra nimbo engadida como sufixo ou prefixo a un tipo de nube, por exemplo nimboestrato, significa que a nube é de choiva e que posúe habitualmente cor gris escura; cirrus significa plumoso ou friboso; stratus, estratificado ou en capas; cumulus é amontoado e alto tradúcese por mediano. Ás veces engádense adxectivos ós nomes básicos de nubes para amplia-la súa descripción; algúns deles son:
    • Lenticularis: En forma de lente; aplícase principalmente ós cirrostratos, altocúmulos e estratocúmulus.
    • Humilis: Pouco evolucionado no senso vertical; só aplicable a cúmulos.
    • Castellanus: En forma de torre; para cirrocúmulos e altocúmulos.