MeteoGalicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible MeteoGalicia
A neve
A neve está constituída por masas de cristais de xeo, formados directamente a partires do vapor de auga atmosférico alí onde a temperatura do aire é inferior ó punto de conxelación.

Cando os cristais de xeo xerados no seo dunha nube comezan a descender, chocan uns con outros cristais de xeo orixinando os copos de neve. Se tamén se unen con gotas de auga, orixínase a sabia branda ou neve granulada. En tempo moi frío ou cando a partícula sexa dun tamaño bastante grande, existe a posibilidade de que cheguen ata o chan sen fundir. Diremos, polo tanto, que está nevando.


Curiosidades:

  • Os copos de neve están constituídos por conglomerados de dimintos cristais de xeo coma os representados na figura; non hai dous cristais de neve idénticos.
  • O monte Kilimanjaro, en Tanzania, é o único pico cuberto de neves perpetuas que pode verse desde o ecuador.

neve