As néboas
Prodúcense
pola condensación no seo dunha masa de aire húmido.
A
fase inicial de toda néboa é a formación dunha partícula
de bruma (un radio menor dunha micra e sen precisar humidades relativas
do 100%). Para chegaren ós tamaños das gotas maiores ás
10 micras (que xa dan lugar a néboas) si que se precisan humidades
relativas maiores do 100%, e as gotiñas formaríanse polo
denominado proceso de nucleación tanto homoxénea como heteroxénea.
Existen
diferentes tipos de néboas segundo a súa orixe:
- Por
enfriamento:
- Néboas de irradiación: Debidas a perdas radiativas, asócianse a inversións térmicas formándose fundamentalmente durante a noite ata as primeiras horas da mañá e disipándose ó longo do día; son propias de anticiclóns e típicamente outonais e invernais.
- Néboas de advección: Cando unha masa de aire cálido e normalmente húmida pasa sobre outra moito máis fría, esta enfríase, condénsase formando a néboa; son propias de verán sobre a mar, producíndose tanto de día coma de noite.
- Néboas orográficas: Teñen lugar coma consecuencia do enfriamento resultado da elevación adiabática dunha masa de aire ó atopar unha cadea montañosa.
- Néboas por mezcla: Prodúcense polo enfriamento dunha masa de aire cálido cando se mezcla este con aire frío; este proceso de mezcla non produce condensacións importantes de auga.
- Por evaporación:
- Sobre ríos ou lagos: Cando unha masa de aire se atopa sobre auga máis quente, a evaporación é moi forte; son típicas dos continentes.
- De casquete polar: Obsérvanse en mares rodeados de xeo; son moi persistentes localizándose preferentemente preto do casquete glacial en verán.
- Frontais: Xurden por evaporación de gotas de choiva ó caeren a través de aire máis frío ca elas; abranguen unha grande extensión.
|
Curiosidades:
|
![]() |
MeteoGalicia - CINAM - Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible - Xunta de Galicia
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Teléfono: +34-981-957464
Fax: +34-981-957466
Fax: +34-981-957466
