MeteoGalicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible MeteoGalicia
Modelos Meteorolóxicos
Un modelo numérico de predicción meteorolóxica permite, partindo dun estado inicial cunhas características atmosféricas dadas, simular a evolución atmosférica mediante a traducción, a través de métodos numéricos, das leis da mecánica de fluidos e da termodinámica.

ARPS

O modelo numérico desenvolto polo Centro de Análisis e Predicción de Tormentas (CAPS), con sede na Universidade de Oklahoma (EEUU) a principios da década dos noventa é o ARPS (Advanced Regional Prediction System).

Trátase dun modelo numérico de predicción meteorolóxica non hidrostático, que define unha atmófera compresible; emplea un sistema de coordenadas que seguen o terreo na vertical; está caracterizado por un equiespaciado das coordenadas horizontais, con posibilidade de estreitamento na vertical. O modelo resolve 11 ecuacións de pronóstico para as compoñentes da velocidade nos eixos coordeados, a perturbación da presión, a perturbación da temperatura potencial así coma cada un dos estados posibles de auga na atmófera. As ecuacións discretízanse sobre unha malla Arakawa C mediante a técnica das diferencias finitas.

Actualmente, o ARPS está sendo executado diariamente polo Grupo de Física non Lineal da Universidade de Santiago de Compostela, no ordeador vectorial Fujitsu VPP300E do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), para realizar prediccións numéricas a 48 horas aplicadas a Galicia. Para elo, tívose que configurar unha topografía e un uso de solos propios para a zona, asi coma realizar algúns cambios nalgunha das parametrizacións do ARPS, para axustalas á complexa orografía de Galicia. Desta forma é posible obter numéricamente unha satisfactoria predicción meteorolóxica a 48 horas vista para Galicia.


ARPS

Resultados obtidos do ARPS referentes ó campo superficial de vento do día 17 de Novembro ás 00Z

MM5

O modelo numérico MM5 (mesoescale model), é a quinta xeración do modelo meteorolóxico que foi desenvolto no principio dos anos setenta, na Universidade Estatal de Pensilvania (PSU, EEUU) e no Centro nacional de investigación atmosférica (NCAR,EEUU).

Este é un modelo numérico de predición meteorolóxica non hidrostáático, presenta a posibilidade de realizar múltiples aniñamentos "nesting", un amplo abanico de parametrizacións físicas, sendo portable a un amplo rango de plataformas computacionais. Emplea un sistema de coordenadas que seguen o terreo. As ecuacións discretízanse sobre unha malla Arakawa B. O modelo resolve ecuacións de pronóstico para as compoñentes da velocidade nos eixos coordeados, a presión, a temperatura así coma para o vapor de auga e variables microfísicas tales como auga de nube e precipitación.

Actualmente, o MM5 está sendo executado diariamente polo Grupo de Física non Lineal da Universidade de Santiago de Compostela, no ordeador escalar HPC4500 do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), para realizar predicións numéricas a 72 horas aplicadas a Galicia. Para elo, tívose que configurar unha topografía e un uso de solos propios para a zona, así coma realizar algúns cambios nalgunha das parametrizacións do MM5, para axustalas á complexa orografía de Galicia.


MM5

Resultados obtidos do MM5 referentes ó manto de Nubes Medias do día 31 de Maio do 2001 ás 12Z.