Masas
de aire
Unha
masa de aire é un extenso bloque de aire coas mesmas características
xerais adquiridas tras manterse durante semanas ou meses sobre unha mesma
zona, chamada rexión manantial ou rexión fonte, en xeral,
áreas ciclónicas, onde o aire se estanca ou circula lentamente;
a característica máis notable das masas é que conservan
as súas propiedades meteorolóxicas no seu desprazamento
fóra da rexión manantial.
Coma
consecuencia do choque de masas de aire orixínanse a meirande parte
das borrascas e frontes.
Masas
de aire que afectan a Galicia:
- Ártica Marítima (Am): A súa orixe establécese no Círculo Polar Ártico; trátase dunha masa húmida e moi fría.
- Ártica Continental (Ac): Tamén xerada en torno ó Círculo Polar Ártico; é unha masa seca e moi fría.
- Polar Marítima (Pm): A súa orixe está no Atlántico Norte; trátase dunha masa de aire húmida e fría ou fresca.
- Polar Continental (Pc): Con orixe no continente eurasiático durante o inverno; é unha masa de aire seca e fría ou fresca.
- Tropical Marítima (Tm): Creada no Atlántico central, ó sur das Azores; o aire da masa é húmido e cálido.
Cúmulos
deste tipo son característicos das masas de aire polar marítimo:

Curiosidades:
- Unha masa de aire tropical contén de 5 a 10 veces máis auga ca unha masa de aire polar de parecido tamaño.
MeteoGalicia - CINAM - Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible - Xunta de Galicia
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Teléfono: +34-981-957464
Fax: +34-981-957466
Fax: +34-981-957466