Os
mares e os océanos
A
superficie do océano ocupa unhas sete décimas partes da
área total do globo; as distintas propiedades desta superficie,
como absorbedora e emisora de calor, e as diferentes correntes ou masas
oceánicas, constitúen importantes factores que gobernan o clima.
As
correntes oceánicas, producidas polos ventos e seguindo a dirección
dos mesmos, teñen grande influencia sobre o tempo xa que transfiren
a calor dos trópicos ás rexións polares. Cada océano
ten dous sistemas de correntes principais, que xiran ó norte e ó
sur do ecuador.
As
costas constitúen unha fronteira brusca entre superficies que presentan
variacións de temperatura moi diferenciadas. O mar, debido a súa
continua axitación, ten un cambio diurno de temperatura relativamente
pequeno en comparación coa superficie terrestre adxacente; polo
tanto, pode producirse unha grande diferencia de temperatura na costa
durante certos períodos do día.
O Fenómeno de Brisas:
Nas
costas, a diferencia de temperaturas entre a terra e o mar orixina unha
circulación tèrmica coñecida co nome de "fenómeno
de brisa". Este fenómeno é o mellor exemplo da interacción
entre o mar e a terra sobre a atmósfera; a brisa prodúcese
debido ó quentamento diferencial da terra con respecto do mar coma
consecuencia das súas diferentes capacidades térmicas. A
baixa capacidade térmica da terra da como resultado unhas variacións
de temperatura máis amplas que no caso do océano, no que
as temperaturas son prácticamente constantes.
Durante
a noite, o enfriamento radiativo é máis efectivo na terra
ca no océano, debido á baixa capacidade térmica da
terra. Polo tanto, o aire sobre o mar estará máis quente
co da terra; por estar máis quente que o aire circundante, ascenderá
deixando un espacio que será ocupado pola masa de aire máis
frío co situado sobre a terra. A circulación complétase
cun aire descendente cara a zona de terra que ocupará o lugar que
deixa libre o aire que sae cara ó mar. En superficie, pola noite, teremos
un vento saínte da costa chamado brisa de terra ou terral. Conforme
avanza o día e sae o sol, o quentamento será máis
efectivo na zona de terra ca no mar, polo que xurdirán ascensos
na zona de terra, que xerarán un vento entrante en superficie denominado
brisa de mar.
Correntes mariñas quentes e frías:
|
![]() A brisa
mariña pode reducir ata en 12º C as temperaturas terrestres.
|
Curiosidades:
- Unha irregular corrente do océano Pacífico afecta ó tempo nun 25% da superficie da Terra; esta corrente, chamada "Niño", forma parte dun sistema máis amplo chamado Oscilación Austral; cando o Niño se manifesta, poden producirse sequías en rexións tan apartadas coma Australia ou EEUU e inundacións en Perú ou Chile.
MeteoGalicia - CINAM - Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible - Xunta de Galicia
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Teléfono: +34-981-957464
Fax: +34-981-957466
Fax: +34-981-957466
