As frontes
Unha
fronte separa dúas masas de aire de características claramente
diferenciadas.
Clasificación
das frontes:
- Estacionarias: Ningunha das dúas masas en separación avanza unha contra a outra.
- Móviles:
Subdivididas, á súa vez, en cálidas, frías
e ocluídas.
- Cálida: Das dúas masas, a cálida avanza sobre ou contra a fría. No mapa do tempo en superficie, represéntase cunha liña continua con semicírculos adosados a ela.
- Fría: Separa masas nas que a fría avanza sobre a cálida; represéntase cunha liña continua e triángulos adosados a ela.
- Ocluída: Fórmase cando unha fronte fría alcanza unha fronte cálida e desgaxa aire do sector cálido da superficie; nun mapa do tempo en superficie, as frontes ocluídas represéntanse mediante liñas continuas e algo grosas con pares de semicírculos e triángulos adosados a ela.
Secuencia
de nubes que preceden ás frontes cálidas e ás oclusións:
- 1.- Cirros (colas de cabalo e feixes).
- 2.- Cirroestratos (halos).
- 3.- Altoestratos (o sol desaparece progresivamente).
- 4.- Nimboestratos (choiva ou neve).
Secuencia nubosa dunha fronte fría:
- 1.- Chegada de grandes cúmulos de gran evoluciòn vertical, en ocasións mesturados con cumulonimbos.
- 2.- O ceo escurécese comezando as precipitacións: chubascos, saraibas intermitentes, etc ...
- 3.- Unha hora ou dous despois, xa existen claros no ceo e os cumulonimbos espácianse.
Exemplos
de Fronte Fría(fig. esquerda) e Fronte Cálida (fig. dereita) tomadas do
UKMODEL:
![]() |
![]() |
Exemplo de Fronte Ocluída tomada do UKMODEL:

Curiosidades:
- No comezo do conflicto entre Xapón e os Estados Unidos durante a segunda Guerra Mundial, a escuadra xaponesa ocultouse trala nubosidade dunha fronte fría moi activa que avanzaba rápido cara as illas Hawai; sincronizaron tan ben os seus movementos que puideron chegar ata o seu obxectivo sen seren vistos; o ceo quedou case despexado tralo paso da fronte e puideron efectua-lo seu ataque contando co importante factor sorpresa.
MeteoGalicia - CINAM - Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible - Xunta de Galicia
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Teléfono: +34-981-957464
Fax: +34-981-957466
Fax: +34-981-957466

