Auroras
A
interacción entre o campo magnético terrestre e o vento
solar produce importantes manifestacións luminosas; son as chamadas
auroras. A contemplación dunha aurora boreal ou o seu equivalente
no sur, unha aurora austral, é un espectáculo inolvidable.
As auroras vense con meirande frecuencia en dúas zonas, coñecidas
por óvalos aurorais, situadas arredor dos polos magnéticos
da Terra; alí é onde o campo magnético terrestre
permite que as partículas cargadas que se crean no vento solar
entren na atmósfera superior e exciten ás moléculas
de gas; esta excitación leva ás moléculas a estados
excitados dos que baixan emitindo enerxía radiante que produce
a imaxe esperada.
As
auroras máis tenues parecen incoloras ou presentan unha cor verde
pálida mentres que as máis fortes poden chegar a adquirir
vistosas cores vermellas brillantes ou tonos amarelos e azulados.

MeteoGalicia - CINAM - Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible - Xunta de Galicia
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Teléfono: +34-981-957464
Fax: +34-981-957466
Fax: +34-981-957466