A
Atmósfera
É
a capa gaseosa de 800 km de espesor que envolve a Terra facendo posible
a vida nela; unida ó planeta por atracción gravitacional,
esta envolta de aire e en particular as súas propiedades químicas
e físicas xunto cos seus campos de movemento, masa e humidade son
obxecto de estudio da Meteoroloxía.
A
atmósfera alcanza a súa máxima densidade ó
nivel do mar diminuindo rápidamente cara arriba; está dividida
en capas dacordo coa súa temperatura e coas zonas de cambio térmico:
Comenzando ó nivel da superficie terrestre, a temperatura decrece
a razón de 6.4 ºC por quilómetro; a capa sobre a que
se aplica este gradiente denomínase Troposfera. Na Troposefera
é onde se levan a cabo tódolos procesos meteorolóxicos
de interese; contén case toda a auga da atmósfera, ben coma
nubes, ben coma vapores invisibles. Tambén posúe un sin número
de partículas finas de po.
Ó
nivel no que a Troposfera deixa paso á Estratosfera dáselle
o nome de Tropopausa; ésta non pode ser atravesada polas nubes
e unha das poucas veces en que podemos ve-lo seu efecto é cando
as nubes de tormenta extenden os seus iunques debaixo dela.
Na
Estratosfera prodúcese ozono pola acción da intensa radiación
procedente do sol; é precisamente a absorción da radiación
do sol realizada polo ozono a que quenta a Estratosfera e fai que sexa
moi estable, ademáis de protexer, tal absorción, ós
seres vivos dos destructores raios ultravioleta.
Por
enriba désta ubícanse a Mesosfera, separada da Estratosfera
pola Estratopausa, e a Termosfera, aillada da Mesosfera pola Mesopausa.
A última denomínase Exosfera. Todas elas están libres
de po e vapor de auga.
O po existente
na Troposfera contribúe a que no crepúsculo e na aurora aparezan
cores vermellas no ceo:

Curiosidades:
- A rexión máis fría da atmósfera atópase entre os 85 e os 95 km por enriba da superficie, onde as temperaturas oscilan ó redor dos -90º C.
- O vapor de auga presente na Troposfera dalle, a esta capa, as características dunha cuberta aislante que evita o escape rápido da calor procedente da superficie terrestre.
MeteoGalicia - CINAM - Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible - Xunta de Galicia
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña
Teléfono: +34-981-957464
Fax: +34-981-957466
Fax: +34-981-957466