Cálculos meteorolóxicos
O Sistema
Internacional de Medidas (S.I.) estandarizou as escalas de medida dos distintos
parámetros físicos. Malia iso, algúns instrumentos meteorolóxicos na
actualidade continúan utilizando distintos sistemas de medidas. Esta calculadora
conta coas ferramentas para converter os valores obtidos nas distintas escalas
de unidades, e proporciona a axuda necesaria para o manexo dalgúns
parámetros meteorolóxicos.
CONVERTER TEMPERATURA: GRADOS FAHRENHEIT / CELSIUS
A temperatura do aire
é a medida da actividade molecular deste. As principais escalas de medida son a
Celsius e a Fahrenheit. Na escala Celsius, o grao 0 representa o punto de
conxelación da agua e os 100 graos o punto de ebullición. Na escala
Fahrenheit os 32 graos e os 212 graos representan o punto de conxelación e
ebullición da agua, respectivamente.
Escriba a temperatura nun casilleiro para convertila á outra escala:
CONVERTER INTENSIDADE DO VENTO
O vento prodúcese pola diferencia de presión entre dous puntos adxacentes. Inicialmente flúe desde a alta á baixa presión pero, pola rotación terrestre, no hemisferio sur o vento cúrvase cara á esquerda. Isto dá lugar a unha circulación de vento a favor das agullas del reloxo arredor dunha baixa presión e en contra das agullas do reloxo arredor dunha alta presión.
Escriba a velocidade do vento nun casilleiro para convertila ás outras escalas:
CÁLCULO DA HUMIDADE RELATIVA
Unha forma de
observar o contido de vapor de auga que contén unha determinada masa de aire, é a través da humidade relativa. Ésta representa a razón entre a humidade real presente e a que habería se o aire estivese saturado (é dicir, que non admite máis vapor da auga) expresado en porcentaxe. Para obter este valor é necesario contar coa temperatura do aire e a
temperatura de orballo.
Escriba a temperatura do aire e a temperatura de orballo a calcular:
SENSACIÓN TÉRMICA INFLUENCIADA POLA INTENSIDADE DE VENTO
A sensación térmica representa a
temperatura que sinte un home fronte a unha determinada combinación de temperatura do
aire e humidade relativa (ou outra variable de humidade). A menor ou maior sensación de
incomodidade, vese tamén influenciada pola velocidade do vento.
Escriba a temperatura e a velocidade de vento:
CONVERTER PRESIÓN ATMOSFÉRICA
É a presión que exerce
a atmosfera nun punto determinado. A medición pode expresarse en varias unidades de
medida: hectopascales, milibares, pulgadas ou milímetros de mercurio (Hg). Tamén se
coñece como presión barométrica.
Escriba a presión atmosférica a convertir:
CÁLCULO PRESIÓN A NIVEL MEDIO DO MAR E A NIVEL DA ESTACIÓN
Co fin de poder comparar as
observacións de presión barométrica feitas en estacións situadas a diferentes alturas
e a unha hora determinada, é necesario reducir os valores de presión medidos a un mismo
nivel. Na maioría dos paises, a presión atmosférica observada redúcese ó nivel
medio do mar.
Escriba os datos solicitados:
CÁLCULO DO VENTO USANDO UNHA CARTA METEOROLÓXICA (Intervalo 4
hPa entre isobaras)
A carta meteorolóxica
representa a posición dos sistemas frontais, centros de Altas e Baixas
Presións. Ademáis, é posible obter, de xeito aproximado, o vento dun determinado
lugar empregando a escala do vento xeostrófico. Para tal efecto, é necesario obter
dela a distancia que separa as isobaras en graos e a latitude do lugar.
Escriba os datos solicitados: